SanidadeÚltima hora

Os Reis Magos saúdan aos pacientes ingresados no Hospital de Ourense dende a cesta do camión dos bombeiros

 

Melchor, Gaspar e Baltasar sorprendían neste 6 de xaneiro ás persoas ingresadas no Hospital Universitario de Ourense e facíano dun xeito moi orixinal. Saudábanos desde a cesta do camión dos bombeiros, que se situaba na explanada exterior do novo edificio.

 

 

Así, os bombeiros axudaron ás súas maxestades a acceder ao edificio, utilizando a espectacular escaleira do camión do servizo municipal, e a dar os regalos e transmitirlles ánimos, cos seus desexos dunha pronta recuperación.

 

 

Despois visitaban aos nenos e nenas que están ingresados no hospital materno infantil, desta volta nas súas habitacións.

Fotos cedidas.

 

Back to top button