Son moitos os patos que poden verse se se pasea polas beiras do río Sil, no Barco, seguindo o Malecón. E, dende hai un tempo, tamén son bastantes os que escollen o tramo final do río Mariñán, no mesmo Barco e pouco antes da súa desembocadura no Sil, como un lugar habitual.