SanidadeÚltima hora

A AECC organiza no Barco obradoiros de teatro e de debuxo creativo para pacientes oncolóxicos

 

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras organiza dous obradoiros dirixidos a pacientes oncolóxicos a partir do mes de febreiro. Un deles é un obradoiro sobre teatro, que comezará o vindeiro 3 de febreiro e que se impartirá todos os luns entre as 17h. e as 18h. na Biblioteca Pública do Barco.

Ademais, nese mesmo lugar impartirase dende o 5 de febreiro un obradoiro sobre debuxo creativo cada 15 días e durante dous meses. Será os mércores ás 17h.

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no teléfono 695 665 172.

 

 

Back to top button