SanidadeÚltima hora

Doce pacientes oncolóxicas da área sanitaria ourensá participarán mañá nun obradoiro de coidado da pel e maquillaxe

 

O Servizo de Atención ao Paciente e Humanización da Área Sanitaria de Ourense e a Fundación Stanpa organizan mañá martes 21 de xaneiro un novo obradoiro presencial para o coidado da pel e maquillaxe orientado para apoiar a mulleres con cancro, axudándoas a restablecer a súa propia imaxe, recuperar a autoestima e levar adiante a súa loita contra a enfermidade con maior confianza, a través da implantación en España do programa internacional “Ponte guapa, sentirás mellor”.

Nesta actividade estarán presentes a Directora de programas da Fundación Stanpa, María Muñoz Benavides, unha profesional de estética voluntarias que impartirá o obradoiro, Eva Casas, a Supervisora de Enfermaría da Unidade de Oncoloxía, Loli Fernández, e a Coordinadora de voluntariado da AECC en Ourense, Belén Pérez Ramos.

Estes obradoiros son promovidos pola Fundación Stanpa, que é unha organización sen ánimo de lucro promovida pola Asociación Nacional de Perfumería e Cosmética, e colaboran en estreita coordinación cos equipos de oncoloxía e enfermería oncolóxica dos hospitais e coa axuda da Asociación Española contra o cancro organizando periódicamente estas actividades grupais para o coidado da pel e o maquillaxe.

Back to top button