Esta fin de semana a localidade extremeña de Almendralejo celebra Las Candelas. Unha festa de Interese Turístico Rexional que como parte das celebracións inclúe na noitiña do día 1, a queima das tradicionais “pantarujas” que representan todo o malo que se quere deixar atrás.

Na súa recente visita ao concello da Rúa para asistir á Festa do Codillo, a representación do concello almendralejense “obsequiounos con dúas reproducións en miniatura desas “pantarujas” que recibirán a súa sentenza de queima mañá ás 20 horas na praza do Concello”, indican dende o Concello da Rúa, convidando aos veciños a participar nesta “forma ben bonita de significar esa unión que principou xa vai máis de dúas décadas”.



