
O Concello do Barco vén de dar a coñecer as actividades do Entroido deste ano 2025, entre elas o seu habitual desfile de comparsas e folións, na tarde do martes 4 de marzo, así como as bases do mesmo que poden consultarse a continuación. O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o 24 de febreiro.

Outra das citas do Entroido barquense será o “Enterro da Sardiña”, na tarde do Mércores de Cinsa, no que se contará coa colaboración, un ano máis, de Gargallada Teatro.
