En portadaEntroido 2025Última horaVídeos

Viana do Bolo presenta o cartel do seu Entrudio, obra do vianés David Álvarez

Tamén se presentaba a imaxe promocional da 53ª Festa da Androlla, que se celebrará o Domingo Gordo

 

O Concello de Viana do Bolo vén de desvelar esta tarde os carteis do Entrudio 2025 e da 53 Festa da Androlla nunha presentación celebrada na Casa do Concello ás 16:30h. desta tarde. A imaxe do cartel do Entrudio é obra, nesta ocasión, do mozo vianés David Álvarez, presente no acto xunto ao concelleiro de Cultura de Viana do Bolo, Marcos Martínez, e do representante da Asociación Robreda, Jorge Domínguez “Minas”.

 

 

“O Entroido é a nosa festa máis valorada, xunto coa Festa da Androlla, que tamén consideramos algo primordial. Imos poñer á venda máis de 3.000 entradas que normalmente se esgotan en inutos. Este ano manteremos o mesmo prezo que no 2024, é dicir, 30 euros”, sinalaba o concelleiro de Cultura.

Xunto a el Jorge Domínguez, valoraba que o xurado do concurso de carteis do Entrudio escollese a un mozo vianés que, ademais, “participa activamente na comparsa. O importante no Entrudio de Viana é o fulión, a fariña, os compadres, as comadres e a Comparsa, que se recuperou hai uns anos por grupo de xóvenes. E penso que o cartaz reflexa o sentimento do noso Entrudio”.

 

 

Pola súa banda, David Álvarez sinalaba que “o noso Entroido e o Entroido en xeral é moi colorista, é o que fixen foi poñerlle cores vivas e rechamentes para darlle esa forza. O resto quíxeno meter nunhas viñetas para cambiar un pouco o que soe haber noutros anos e a sensación que dan os personaxes e os elementos é como que están saíndo desas viñetas, como que veñen xa, como que están chegando, de aí o título que lle puxen, que é “Chegou”.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Back to top button