Cunha reunión no salón de actos do Edificio Multiusos do Barco poñíase en marcha neste concello un proxecto para optimizar os diferentes recursos do municipio tanto en materia de política social, de consumo enerxético e de auga, e mesmo para determinar como xerar riqueza.
Así o explicaba un dos técnicos da iniciativa, Roberto San Salvador, da Universidade de Deusto e do seu Laboratorio de Innovación Social, que participaba xunto a Filipe Taveiga nese encontro con representantes do Concello e persoal do Concello. Este proxecto está promovida dende o Eixo Atlántico e tivo xa dúas experiencias piloto en Ribeira e en Santa Maria de Feira (Portugal).
O alcalde do Barco, Alfredo García, comentaba que esta primeira reunión terá continuidade con outras tres máis: unha en febreiro con diversas asociacións barquenses, outra en marzo coa veciñanza e outra conxunta para sacar conclusións “e elaborar como unha especie de programa de traballo para poñer en práctica dende o Concello”.
San Salvador indicía tamén na importancia de implicar á cidadanía nesta iniciativa de cara a desenvolver novos proxectos que beneficien ao municipio.
Fotos: O SIL.