DeportesMontañismoÚltima hora

“Xornadas Técnicas de Montaña” (Montañismo Invernal – nivel I), en Trevinca os días 15 e 16 de febreiro

Serán organizadas polo Club de M. Montañas de Trevinca

 

Os vindeiros 15 e 16 de febreiro o Club de Montañismo Montañas de Trevinca organizará as Xornadas de Montañismo Invernal-nivel I. “Cremos que estas xornadas son de sumo interese para tódolos/as practicantes do montañismo de neve/xeo, ao aportarlles a seguridade que se obtén co coñecemento dos diferentes tipos de materiais e as técnicas correspondentes de ascenso, descenso e seguridade a empregar na montaña invernal, deste xeito, se poden reducir e minimizar os perigos e dificultades propios deste tipo de terreos”, explican os organizadores.

 

SÁBADO, 15
08:00 h Saída dende a aldea de Vilanova de Trevinca a zona de prácticas.
10:30 h Prácticas (Análise da neve en pendentes – Técnicas de progresión sen e con crampóns).
14:00 h Comida na montaña.
14:30 h Continuación das prácticas (Progresión sobre a neve con piolet – Prácticas de autodetención, sen piolet e con piolet).
17:00 h Regreso a Vilanova e descanso.
19:30 h Clases teóricas (Encordamento: Nós e metodoloxía. Corda curta).
DOMINGO, 16
08:00 h Saída dende o pobo de Vilanova de Trevinca a zona de prácticas.
10:30 h Zona de prácticas (Repaso das técnicas do día anterior – Encordamentos – Desprazamentos encordados en corda curta).
14:00 h Comida na montaña.
14:30 h Continuación das prácticas (Aseguramento dinámico – Progresión en pendentes máis inclinadas).
16:30 h Regreso a Vilanova e descanso.
18:00 h Aclaracións dos temas tratados. Clausura do Curso.
NOTA Os horarios poden ser modificados co obxecto de conseguir os fins previstos no Curso.

 

 

Back to top button