Entre o voluntariado que colaboraba coa organización do XI Quiroga Trail Challenge, que se desenvolvía na pasada fin de semana, estaban os membros dos Radioaficionados de Trives. “As correctas comunicacións son determinantes para o desenvolvemento da cita e para garantir a seguridade”, explican dende este colectivo, que era o responsable das comunicaciós durante o evento.
Tamén dese voluntariado formaban parte membros das agrupacións de Protección Civil de Manzaneda, A Rúa e O Barco.
Fotos e vídeo: cedidos.
