O Club Natación Valdeorras segue sumando resultados. Así esta fin de semana, en concreto o domingo 16 de febreiro, desprazábase ata o Complexo Deportivo Álvaro Pino en Ponteareas para participar na 3ª Xornada de Liga Máster galega. “Foi unha xornada moi interesante con diversas probas e nelas tivemos a 13 nadadores, 26 inscricións individuais (2 por nadador) e 3 substitucións”, explican dende o club.
A liga Galega Máster desenvólvese o mesmo fin de semana en tres sedes á vez, segundo a zona adxudicada: Norte, Sur e Outra. O Club Valdeorras Natación pertence a esta terceira zona.

Resultados:
200 bolboreta mixta
1º en 30+F: Sandra Cortizo
1º en 35+F: Amparo Rodríguez
50 m costas
1º en 50+M: Fernando Rebanal
3º en 55+M Miguel Ángel Fernández
50m costas
2º en 50+F Purificación Ramos
100 m Braza
2º en 45+M : Jorge Mira
7º en 45+M: Carlos González
5º en 55+M: Miguel Ángel Fernández
1º en 60+M: Francisco José Rodríguez
100m Braza
1º en 45+F: Mara Vidal
2º en 45+F: Yolanda Vázquez
100 libre
3º en 25+M: MiguelB. Díaz
3º en 55+M: Eloy Rodríguez
100 libre
2º en 30+F: Sandra Cortizo
50 m bolboreta
2º en 40+F: Jessica Méndez
100 m estilos
1º en 25+M: Miguel B. Díaz
8º en 45+M: Carlos González
4º en 50+M: Fernando Rebanal
2º en 60+M: Francisco José Rodríguez
100 estilos
3º en 35+M: Amparo Rodríguez
1º en 40+F: Jessica Méndez
2ª en 45+F: Mara Vidal
4º en 45+F: Yolanda Vázquez
4×50 estilos
En 120+X: 3º posto para o Club Natación Valdeorras
En 200+X: 2º posto para o Club Natación Valdeorras
Os resultados en conxunto de todas as sedes adoitan sacalos 10 días despois da xornada.
A día de hoxe este club ocupa o postoe 23, “aínda que esperamos subir algunha posición. Tivemos diversos problemas de baixas nas dúas primeiras xornadas”, engaden dende a entidade.
Fotos: Club Natación Valdeorras.