ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha pata escolle por segundo ano consecutivo un maceteiro dunha terraza do Barco para o seu niño

Por agora xa son este ovos os que depositaba neste niño, situado moi preto do río Sil

 

Por terceira vez unha pata vén de escoller un maceteiro da terraza dun veciño da zona antiga do Barco, á beira do río Sil, como lugar para facer o seu niño. Desta volta máis cedo que o pasado ano, case un mes antes, xa que comezaba a poñelos en marzo.

“Uns días antes a pata xa andaba pola terraza, case avisando de que estaba alí, e mirando cara o maceteiro”, comenta este veciño, encantado de volver ter o niño desta ave na súa casa, que claramente recoñece o lugar como seguro para criar.

Nesta ocasión, o primeiro ovo aparecía no niño o 11 de febreiro e, neste día 17, xa son sete os que se contan no maceteiro. Pero o máis probable é que nos próximos días siga poñendo.

Esta pata colocaba o seu niño por primeira vez neste lugar o pasado ano en marzo e, logo repetía con outro no mes de maio. Polo que a súa visita desta volta non foi unha sorpresa nesta casa da zona vella do Barco.

Fotos cedidas.

 

Back to top button