SanidadeÚltima hora

A campaña especial de doazón no Barco “Non perdas o bus. Doa sangue” remata este venres

 

Ata as 21h. deste venres 21 de febreiro aínda se poderá doar sangue dentro da campaña especial “Non perdas este bus. Doa sangue”, que se desenvolve dende onte na vila do Barco. A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) está situada na praza do Concello do Barco.

“A vida de moitas persoas depende de que non perdas este bus, cada día precisamos máis de 400 doazóns nos hospitais galegos”, sinalan dende Ados. Ademais indican que dentro desta campaña especial as persoas que acudan a doar recibirán un agasallo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button