SanidadeÚltima hora

Acto de recoñecemento aos 190 traballadores da área sanitaria ourensá que se xubilaron no 2024

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, e o xerente da área sanitaria, Santiago Camba, participaron esta tarde neste acto

 

O xerente do Servizo Galego de Saúde José Ramón Parada, agradecíalle esta tarde aos 190 traballadores da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que se xubilaron durante o pasado ano a súa dedicación e compromiso coa sanidade pública.

Nun acto ao que tamén asistiu o xerente da área sanitaria, Santiago Camba, o xerente do Servizo Galego de Saúde incidiu en que este evento ten como obxectivo recoñecer a traxectoria destes preto de 200 profesionais que, co seu esforzo e dedicación, foron o centro desta área sanitaria.

Tal e como remarcou José Ramón Parada, cada un dos xubilados desde o seu posto de traballo foi un piar fundamental na atención sanitaria da comunidade, contribuíndo a mellorar a calidade de vida de milleiros de persoas.

José Ramón Parada incidiu en que é o momento de recoñecer o legado que deixan estas persoas, construído con esforzo, sacrificio e unha profunda vocación de servizo público, que será inspiración para as vindeiras xeracións.

 

 

Nas súas verbas no acto de homenaxe, o xerente do Servizo Galego de Saúde puxo en valor que os profesionais xubilados configuran un exemplo do que é a gran familia desta área sanitaria, sendo, ademais, o mellor exemplo de que a sanidade pública ten no seu persoal o seu capital máis importante.

Sinalou, ademais, que a dedicación destas persoas que se xubilaron, así como o seu compromiso coas persoas, foi clave na mellora do sistema sanitario galego contribuíndo a que a sanidade pública galega sexa unha referencia nacional e internacional.

Back to top button