
Ata catorce ovos poñía a pata que escollía como lugar seguro para o seu niño, por segundo ano consecutivo, un maceteiro dunha terraza dun veciño da zona vella do Barco que dá ao río Sil. A súa última posta facíaa onte, 25 de febreiro. Agora esta ave está a incubar os seus ovos, mentres este veciño procura, con mimo, que se senta tranquila e cómoda.
Con ilusión espera este veciño que a ave poida sacar adiante os seus ovos e que, dunhas tres semanas, poidan saír deles as crías e chegar ao río.
Esta é a terceira ocasión na que esta pata acude a este lugar para poñer o seu niño, tras outras dúas ocasións no pasado 2024.