Tras a animada ronda do Domingo Delgado, o Entroido volvía cobrar vida na Cabrera cunha nova ronda, neste Domingo Gordo, 2 de marzo, por Pombriego (León). A partir das catro e media da tarde saía a Comparsa dende as Huelgas, cos personaxes máis representantivos desta tradición en dous grupos: os Feos, con singulares máscaras como a do xabarín, e con sonoros cintos de chocos, e os Guapos, coidadosamente engalanados, e que escenificaban fermosas danzas.
A ronda, na que tampouco faltaban os Entroidos montados nun burro, estaba animada pola música e remataba, arredor das 18h. no Sagrao, coa lectura das coplas e, despois, ferbudo, roscón e chocolate.
Fotos: Carlos G. Hervella.