Valdeorras dáballe o seu último adeus a Jesús Rocha, veciño de Veigamuíños (O Barco), nun funeral que se oficiaba ás 11h. na igrexa desta localidade o domingo 2 de marzo. Nesta cerimonia, na que en nome da familia un dos seus tres fillos, Xavier, lía como homenaxe un texto de Camilo Fernández González-Valdehorras, tamén soaban os acordeóns cos que tantas veces tocou Jesús en Airiños da Porta Falsa, agrupación de Manzaneda, e a música tradicional Abertal, outro dos grupos dos que formaba parte.
Desta volta actuaban para el, nunha agarimosa despedida que continuaba no exterior do templo. Despois este querido acordeonista era enterrado no cemiterio de Veigamuíños.
Fotos cedidas.