
Os nadadores do Club Natación Valdeorras participaban nese domingo 9 de marzo no Campionato Gallego Máster de fondo nas Pontes. En concreto era dous os nosos nadadores valdeorrés con mínima para poder participar: Amparo Rodriguez de Dios nos 800 libres e Francisco Rodríguez Basanta nos 1.500.

“Ambos fixérono moi ben nas súas respectivas categorías. Amparo quedaba segunda e, por tanto era medalla de prata e Francisco situábase cuarto. Ambos melloraban súas marcas persoais”, tal e como se destaca dende o Club Natación Valdeorras.
Fotos: Club Natación Valdeorras.
