CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Cé Orquestra Pantasma visita o CEIP Otero Pedrayo de Viloira co programa de Falamos+

Este colexio barquense é un dos centros escolares galegos que participaban nesta novidosa iniciativa

 

Ao longo de tres semanas, dez centros educativos de educación infantil e primaria das catro provincias galegas únense a través do programa Falamos+ para vivir como galegofalantes e crear, cunha participación protagonista do seu alumnado, propostas lúdicas de lecer en galego dirixidas a educación infantil e aos tres ciclos de educación primaria e desenvoltas nos tempos de lecer da xornada lectiva. O programa está coordinado pola profesora Pilar Ponte Patiño.

Un deses colexios é o CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), que neste mércores, acollía unha proposta lúdica da man do multiinstrumentista Cé Orquestra Pantasma.

 

 

Falamos + é un programa promovido pola Xunta que “quere dinamizar a utilización activa do galego nos centros de ensino a través de propostas de carácter lúdico creadas polos propios centros e as familias que acheguen o alumnado e as súas familias ao patrimonio cultural galego tradicional e especialmente a aquel máis moderno e descoñecido para a maior parte do alumnado”, segundo a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fotos  vídeo cedidos.

Back to top button