Os fortes refachos de vento que trae a borrasa Martinho deixáronse sentir en Valdeorras na madrugada deste xoves 20 de marzo.
No caso de Petín, pouco antes das seis da mañá chegaba o aviso do 112 Galicia dunhas chapas caídas sobre a estrada principal, procedentes do cobertizo situado na parte de atrás dunha casa á entrada da vila. Ata o lugar dos feitos desprazábanse voluntarios de Protección Civil de Petín que continúan alerta por se hai máis incidencias; e o GES Valdeorras.
A borrasca tamén deixa árbores caídas. En concreto un pino na estrada de acceso ao Polígono das Pedreiras, na Rúa, entre outras incidencias.
Fotos cedidas.