
O Concello do Barco vén de informar de que, “por avaría na rede de abastecemento de augas do Barco, (rotura dunha tubaxe) están nestes momentos sen servizo o Barrio de San Roque, barrio dos Nidos, rúas Veiguiña e Carrúa, Teixadal e Ribeira”.
Os operarios do Consorcio de Augas de Valdeorras están “xa traballando para solucionar a avaría, e debido a estes traballos quedará cortado o acceso ao barrio de San Roque desde a rúa Manuel Quiroga. Mentres se realizan os traballos, os veciños terán que acceder polas rúas Veiguiña e Carrúa. O servizo quedará restablecido canto antes”, segundo informa o Concello do Barco.