
Continúan as concentracións de baloncesto para os máis pequenos, na provincia de Ourense. O vindeiro domingo 30 de marzo, a partir das 9:45 horas, celebrarase no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia a 4ª Concentración de Baby Básket no que participará o Muebles Victoria Barco, encadrado no grupo A xunto aos clubs AB Xinzo, Miraflores Azul e Bball COB Ourense.
En total participan 24 equipos, en seis grupos de catro e segundo as normas do torneo, cada equipo terá un mínimo de 6 xogadores e un máximo de 10. Os partidos xogaranse en formato de 4 x 4 nun período de 20 minutos a reloxo corrido. Poderanse facer cambios durante o encontro e non haberá resultados.
A foto de familia farase ás 11:45 horas.




