ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Luz verde da Xunta á prospección para o aproveitamento hidroeléctrico Conso II (Vilariño de Conso)

Así se reflexa no anuncio publicado pola Consellería de Medio Ambiente no DOG

Panorámica de Vilariño de Conso. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste martes 1 de abril publica un anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de execución de galería de investigación xeolóxica para as cavernas do aproveitamento hidroeléctrico Conso II, no concello de Vilariño de Conso.

Isto forma parte do proxecto de Iberdrola para crear unha nova central de bombeo con 1.800 megawatios (MW) de capacidade e que funcionará como a gran despensa de enerxía limpa da península ibérica.

No texto do seu informe, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve “formular o informe de impacto ambiental do “Proxecto de execución de galería de investigación xeolóxica para o deseño das cavernas do aproveitamento hidroeléctrico Conso II”, concluíndo que, nos termos recollidos ao longo do presente documento, non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria. Este informe de impacto ambiental emítese sen prexuízo da obriga do promotor de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente esixibles”.

Así mesmo, sinálase que “de acordo co apartado 5 do artigo 47 da lei de avaliación ambiental, o informe de impacto ambiental non será obxecto de recurso algún, sen prexuízo dos que, no seu caso, procedan en vía administrativa ou xudicial fronte ao acto, no seu caso, deautorización do proxecto”.

En Vilariño de Conso Iberdrola proxecta poñer en marcha unha nova central subterránea (polo que que “vai reducir todo o impacto visual ou medioambiental”) de 1.800 mw, “case o dobre de calquera central nuclear en España”, segundo facía público meses atrás a compañía. Ademais poderá bombear a auga de volta ata un dos encoros a maior altitude de España: o do Cenza. E usará a enerxía solar sobrante das horas do día, sendo, polo tanto, un “proceso cen por cen limpo”.

 

Back to top button