SanidadeÚltima hora

A importancia dun bo inicio da lactación materna nos primeiros días, nunha charla no Barco

Estaba orgaizada pola Asociación De Nai a Nai e impartíaa Lorena Prada, enfermeira e Consultora Internacional Certificada en Lactación Materna

 

Malia ser un proceso natural, optar pola lactación materna non sempre é fácil. “Moitas familias atópanse con dúbidas e desafíos nos primeiros días tras o nacemento do seu bebé. Por iso, na asociación De Nai a Nai queremos ofrecer un espazo de información e apoio cunha charla especial sobre este tema”, comentaba a presidenta desta entidade, Lorena Prada, enfermeira e Consultora Internacional Certificada en Lactación Materna (IBCLC), ademais de nai dunha nena e dun neno aleitados.

Neste senso, Lorena Prada impartía esta tarde a sesión divulgativa titulada “A lactación materna nos primeiros días” no 4º piso do edificio da Biblioteca Muncipal do Barco de Valdeorras.

Na súa intervención abodaba cuestións como “a importancia dun bo inicio da lactación materna nos primeiros días”, o apoio da parella, a familia e a contorna, as dificultades comúns e como solucionalas e achegaba “consellos prácticos para unha experiencia máis tranquila e pracenteira”. Ademais no marco da charla resolvíanse dúbidas e compartíanse experiencias.

Fotos: A.R.

Back to top button