Mañá de actividade ao aire libre. Na xornada escolar deste xoves 10 de abril, o alumnado de Primaria do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras, achegábase ata Xagoaza para plantar diferentes especies arbóras (castiñeiros, aciñeiras, bidueiros, abelás…).
Unha interesante, divertida e educativa forma de “coidar o noso medio e desfrutar do entorno”, aseguran dende o centro escolar, agradecendo a colaboración do Concello do Barco e Protección Civil para levar a cabo a actividade.



Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.



