ConcellosQuirogaÚltima hora

Reunión técnica de seguridade para a XLIII Feira do Viño de Quiroga

Foto: Concello de Quiroga.

 

A Casa consistorial de Quiroga vén de acoller unha reunión técnica de seguridade para o desenvolvemento da XLIII Feira do Viño desta vila, prevista do 18 ao 20 de abril. A xuntanza presidida polo alcalde, José Luis Rivera, contou coa presenza da nova capitá da Garda Civil de Monforte, María José Mareno, que acudía á vila quiroguesa para presentarse tras a súa recente incorporación.

Durante a xuntanza, na que tamén participaba o sarxento do posto de Quiroga, Jaime Arza, o Concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias e representantes da policía local, de Protección Civil e dos GES, tratouse sobre o peche das rúas para a celebración da feira.

Falouse dos protocolos a seguir antes, durante e ao remate deste evento para que o público participante o poida facer nas mellores condicións de seguridade e orden.

Back to top button