Entre o 4 e o 7 de abril o MV Barco participaba, un ano máis, nunha nova edición do Torneo Internacional de Minibasket que organiza o Basket Clube Valença, na localidade portuguesa de Valença do Minho, coas categorías alevín (masculino e feminino) e benxamín.
Tres días de “moito baloncesto nos que non faltou a convivencia con equipos como Olivais, Monçao, Braga, Guifoes… xunto a algún español coma o EDO Blanco Amor ou o CB Tui”, aseguran dende o MV Barco.



Fotos cedidas por MV Barco.



