ConcellosQuirogaÚltima hora

A camiseta oficial da Feira do Viño de Quiroga rende homenaxe a Uxío Novoneyra

Recolle a frase "Quiroga é un viño" do poeta do Courel, que foi pregoeiro da mostra en 1980

 

Co gallo da celebración da XLIII Feira do viño de Quiroga e do 95 aniversario do nacemento de Uxío Novoneyra (19 de Xaneiro), o Concello de Quiroga, en colaboración coa Fundación Novoneyra vén de realizar unha serie limitada de camisetas que estarán a venda nos días da Feira do Viño de Quiroga.

Esta mañá o rexedor local, José Luís Rivera, presentaba esta camiseta realizada para celebrar o legado do poeta courelao e o afecto que lle tiña “á nosa terra e á nosa feira do viño, da que foi pregoeiro na súa primeira edición en 1980”.

Na camiseta figura a mítica frase da carta que Uxío Novoneyra escribiu en 1956, “Quiroga é un viño” e a firma do autor que irán na parte frontal e os logos oficiais da Feira do Viño de Quiroga e da Fundación Novoneyra na parte superior traseira.

 

 

A realización desta camiseta forma parte do calendario de homenaxes que se está a facer dende a área de Turismo a Novoneyra, e que concluirá coa celebración do Roteiro literario de Quiroga e a colación do seu fito dentro da ruta.

Dende a conta de Instagram da Concellería de Turismo publicouse un vídeo para promocionar esta camiseta que estará a venta, ata fin de existencias, os días de celebración da Feira do Viño de Quiroga, 18, 19 e 20 de Abril, na caseta de información situado no recinto feiral.

Fotos cedidas.

Back to top button