A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde da Veiga, Juan Anta, asinaban esta mañá o convenio para executar as obras de mellora dos espazos públicos dos lugares da Meda, e Lamalonga, coa creación dun parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes núcleos rurais, que suporá un investimento de 156.617 euros. Na sinatura deste acordo, estivo tamén a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación.
Este acordo, a través do que a Xunta asume o nun 70% ás intervencións -achegará un investimento de 109.632 euros- e contratará e executará as obras. Esta colaboración da Xunta co ámbito local realizase a través do Plan Hurbe, co que se axuda aos concellos a financiar actuacións singulares que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos públicos para ofrecerlles máis posibilidades de desfrute á cidadanía.

Pola súa banda o Concello, tal e como recolle o acordo selado esta mañá en San Caetano, achegará o 30% restante do custo das actuacións, 46.985 euros, e redactará o proxecto das obras, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
Trala sinatura do convenio hoxe, prevense licitar as obras nas vindeiras semanas para poder iniciar de seguido a actuación, que ten un prazo de execución de 4 meses. Baixo este acordo, o departamento que dirixe M.M. Allegue segue impulsando a continuada colaboración coas entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.