ConcellosO BarcoÚltima hora

As obras de reforma da praza Maior do Barco comezarán o 13 de outubro

Así o indica a sinalización situada na rúa Real, onde se prohibe o aparcamento, e na Escura, cuxo acceso queda pechado á circulación

 

As obras de reforma da praza Maior da vila do Barco comezarán o vindeiro 13 de outubro. Alomenos así se indica na sinalización colocada na contorna, avisando de que a partir do vindeiro martes ás 8h., e durante o desenvolvemento da obra, quedará prohibido aparcar na zona do Porto do Barca. Ademais o acceso dende á rúa Real pola rúa Escura quedará cortado á circulación dende ese mesmo día e ao longo do tempo no que dure a actuación.

Fotos: O SIL.

 

 

Back to top button