ConcellosParada de SilÚltima hora

O alcalde de Parada de Sil presume de distinción europea

 

O Concello de Parada de Sil vén de presentarse a unha convocatoria da Comisión Europea para capital europea da diversidade e inclusión, que se fallaba o 30 de abril. Na categoría de vivenda inclusiva Parada de Sil presentou unha proposta que xira entorno ás vivendas de Fondodeval, que xa tiveron distincións arquitectónicas. “Nesta vivendas vive unha persoa cun grao de minusvalía, outra está ocupada por unha nai con dous fillos menores, noutra está un emprendedor que se veu a vivir a Parada e abríu un negocio e noutra un agrogandeiro e unha perruqueira e na outra uns traballadores de hostelería e adega”, explican dende o Concello.

Esta proposta , competía entre outras de Braga, Gualdo Tadino en Italia e Zaragoza, que foron premiadas por esa orde con ouro prata e bronce. A de Parada de Sil tivo unha distinción cun diploma e unha placa que o seu alcalde, Aquilino Domínguez, recibíu de mans de Ana Carla Pereira, directora de Igualdade e non Discriminación da Comisión Europea. Tamén se otorgou esa distinción a San Xoán de Río. Os outro cinco finalistas quedaron sen distinción.

 

 

Aquilino Domínguez acudíu á cita acompañado da técnica Uxía Álvarez Zzúñiga, e xa anuncia que o ano que vén volverá a presentarse a esta convocatoria convencido da posibilidade dunha medalla, situando a Parada de Sil na Unión Europea, da que xa tamén tivo a inclusión de “Santa Cristina in música” na Rede Europea de Festivais.

Back to top button