Neste Ano Xubilar, o Santuario de N.S. Virxe das Ermidas (no concello do Bolo) é un dos templos xubilares da Diócese de Astorga e tamén o lugar de culto que na mañá deste xoves, primeiro de maio (Día do Traballador), acollía a II Festa da UPA Virxe das Ermidas, á que asistían preto de 200 persoas de Valdeorras, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.



Baixo o lema “Peregrinos de esperanza”, o programa comezaba coa recepción e acollida dos asistentes para, de seguido, proceder á meditación e os testimonios. En torno ao mediodía tiña lugar a oración e confesións e, tras o descanso, celebrábase unha eucaristía.


O broche á xuntanza era o xantar de confraternidade que se celebraba no pavillón municipal do Bolo onde hai menos de dúas semanas, o Sábado Santo, tiña lugar a XV Festa da Vitela.


Tal como avanzan dende o Santuario, entre as próximas citas previstas destacan dúas o 17 de maio (Día das Letras Galegas): un encontro do Seminario de Ourense; e a visita dun grupo desde Ponferrada.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.



