ConcellosSoberÚltima hora

Sober celebrará o 24 de maio a XXIII Festa dos Avós

 

O Concello de Sober celebrará o día 24 de maio a XXIII Festa das Avoas e dos Avós. O seu programa incluirá a celebración dunha misa, un xantar, actuacións musicais e un sorteo de agasallos para os e ás asistentes.

O escenario da celebración será o pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme a partir das 13.30 horas. O prezo do menú será de 10 euros para empadroados e 20 para non empadroados. Ese menús estará composto por empanada, polbo, carne asada, rosca de Millán e queixo, cafés e bebidas.

As persoas interesadas en acudir deberán confirmar asistencia antes do 22 de maio nos teléfonos 982 46 00 01 ou 982 46 05 13. O Concello de habilitará un servizo de transporte para as persoas que o precisen.

Back to top button