CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto do cantautor Carlos Domínguez o 31 de maio no Castelo do Bolo

Con esta actuación, na que estará acompañada por Antonio de Pinto, pechará a xira do seu disco "Un Tiempo Mejor"

 

Especialmente ilusionado está o cantautor de orixe bolesa Carlos Domínguez por actuar o vindeiro 31 de maio no Castelo do Bolo. Con esta actuación pechará unha xira moi especial do seu terceiro disco “Un Tiempo Mejor”.

“En xuño fará 2 anos que lancei  o meu último disco, que deu lugar a unha xira que comezou nun lugar tan emblemático como é o Liceo de Ourense e que logo levei a distintos lugares tanto de España como do Líbano. Tras dous anos de concertos quero facer un fin de xira con catro concertos e un deles terá lugar o 31 de maio ás 19 h no Castelo do Bolo, dentro das actividades culturais que o Concello do Bolo está a organizar este ano”, conta o propio compositor.

Ademais lembra que este é un escenario moi especial para el, xa que nel “en agosto do ano pasado déronme a oportunidade de ser o pregoeiro do seu feira Irmandiña”.

Nesta actuación, de entrada gratuíta, estará acompañado por Antonio de Pinto.

Fotos cedidas.

 

Back to top button