SanidadeÚltima hora

Concentración este xoves no Barco “pola recuperación dos servizos de atención sanitaria en Valdeorras”

Está convocada pola CIG e terá lugar ás 20h. do 15 de maio diante do hospital comarcal

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A central sindical CIG vén de convocar unha concentración ás 8 da tarde do vindeiro xoves 15 de maio de 2025 diante do Hospital Público de Valdeorras co lema “Pola recuperación do servizos da atención sanitaria en Valdeorras”.

Na convocatoria a CIG sinala que “non podemos permitir a destrución sistemática dos recursos sanitarios do Distrito Sanitario de Valdeorras, nin que os poucos recursos que hai non se adecúen ás necesidades”. Neste senso, esta central sindical apela á mobilización cidadá “vainos a saúde en xogo”.

 

Back to top button