
O Concello de Sober vén de asinar un acordo de colaboración coa Asociación Deportiva 3CUMIOS no marco do proxecto “Huascarán 2025” en concepto de Patrocinio. A asociación pretende utilizar esta iniciativa para promover a Ribeira Sacra e Galicia no ámbito internacional co ascenso ás montañas máis representativas de tres continentes nos vindeiros tres anos.
Esta colaboración do Concello de Sober contribuirá de forma directa ao desenvolvemento do proxecto, incluíndo a súa vertente social, que contempla a adquisición e entrega de material escolar e deportivo en comunidades desfavorecidas.
Un dos seus promotores, Manuel Vieitez, natural de Sober, explica que a institución que dirixe Luis Fernández Guitián, corazón da Ribeira Sacra, “foi a primeira en crer no noso proxecto e en apoiarnos desde o inicio. Grazas por acompañarnos nesta aventura que levará o nome dea nosa terra ata o máis alto”.