ConcellosQuirogaÚltima hora

Asínase o proxecto básico da futura ponte colgante de Campodola (Quiroga)

Foto: TRM Quiroga.

 

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, vén de asinar un convenio de colaboración coa empresa Star Project Consulting (SPC) encargada de realizar o proxecto da futura ponte colgante de Campodola, tal e como se informa dende o Concello de Quiroga.

Esta empresa de enxeñaría cántabra encargarase da realización dun proxecto básico da ponte e avanzará na avaliación ambiental do proxecto. Traballará con distintas direccións sectoriais para integrar xa no proxecto a documentación e os requisitos que se esixen desde as distintas administracións. O obxectivo é que dentro de tres ou catro meses estea a documentación lista.

O proxecto firmábase dentro dunha reunión de traballo levada a cabo entre a empresa, alcaldes e representantes do Xeoparque Montañas do Courel e representantes do Consorcio Ribeira Sacra. Na xuntanza tamén se falou sobre alternativas de divulgación do pregamento de Campodola – Leixazós.

Back to top button