CulturaCulturaÚltima hora

António P. Tiza presenta a súa novela “El monje errante” o 19 de maio en Lugo

O profesor e investigador António Pinelo Tiza./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

É unha novela de fronteira que pon o foco nos monxes da Real Abadía de San Martín de Castañeda (Sanabria, Zamora). en “El monje errante”, o profesor e investigador António Pinelo Tiza, natural de Varge (Bragança, Portugal), retrocede no tempo para viaxar ata a o século XIV nunha interesante historia de ficción, protagonizada polo xove frei Jorge de Várzea e polo prior frei Andrés Jiménez de Vigo de Sanabria, que se desenvolve entre Sanabria, Bragança, Vinhais e Galicia.

Esta obra, na súa tradución ao español, presentarase o vindeiro 19 de maio ás 19h. no antigo Cárcere de Lugo, nun acto que contará coa presenza de António Pinelo Tiza, que será presentado pola fotógrafa Mercedes Saavedra.

 

Back to top button