A comunidade educativa do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) celebraba neste mediodía o Día das Letras Galegas cun festival no seu pavillón.

Alumnado e profesorado despregaba unha serie de actuacións cun protagonismo especial para os bailes tradicionais e tamén para as pandeiretas e as cantigas. Non en van este vindeiro 17 de maio está dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral.
Fotos e vídeo: Javier Brasa.