CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Animada rolda musical polos bares de Viana do Bolo

 

Antes dun bo xantar imponse un bo aperitivo como a troula na tarde do venres 16 de maio organizada en Viana do Bolo polos distintos bares da poboación. “Fálase da España baleirada, non cabe dúbida que determinadas poboacións están afectadas polo virus do despoboamento e certo abandono institucional pero hainas, como Viana, que se resisten con uñas e dentes a desaparecer, queren seguir facendo ruído, tanto que se lles escoite tanto a nivel nacional como internacional aferrándose ás súas tradicións e potenciandolas para conseguir facer da túa poboación un selo persoal e distintivo respecto ao resto que atraia o que se vai e algo máis”, asegura un dos músicos participantes, destacando que o Entroido, converteuse nunha catapulta turística para toda a zona, non só na súa tradicional época, se non tratando de estendelo ao resto do ano.

 

 

Unha data para destacar é a ViBoMask que se está a celebrar, “reunión de poboacións dispersas pero unidas pola maxia do Entroido, porque non cabe dúbida que como as meigas habelas hailas, o Entroido ten algo máxico”, di Enrique, asegurando que o venres “vivimos unha rolda polos bares da poboación moi intensa, a razón de media hora por bar, e como mínimo con seis paradas, onde en perfecta organización e sincronización se turnaban a Banda e Cantareiras de Vilariño, a fantástica Charanga Alegría, As Travesas, Abaneo, Truleias, Tabernícolas e Son de Bibey”. Cada un no seu estilo pero cunha común ilusión por gozar e facer gozar musicalmente a un público absolutamente entregado á festa.

 

 

Os participantes destacan o “espectacular trato por parte da hostalería local, moi implicada e unha organización experta, cunha experiencia de X edicións fixeron que todo resultase perfecto, como previa ao prato forte, o desfile de máscaras exhibindo os seus mellores galas para goce dun público desexoso de ser feliz”, di Enrique, desexando “moito ánimo á organización para que poida seguir moitos anos con este inquebrantable ánimo e que os asistentes poidamos seguir desfrutandolo moitas máis edicións”.

Ver vídeo

Artigos relacionados

Back to top button