ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeosVilariño de Conso

Un intenso desfile en Vilariño de Conso protagoniza a derradeira xornada da X ViBoMask

 

Dende o Toural saía o intenso desfile do X Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask en Vilariño de Conso. Abríano os membros da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, cos seus fermosos Boteiros, que enchían de danzas e saltos a praza da vila ante un numeroso público.

 

 

A partir de aí a localidade deixábase envolver coas mascaradas de inverno de case medio cento de localidades de Galicia, pero tamén doutras comunidades. Era o caso dos Sidros y Comedies de Asturias, sos Zamarrones de Los Carabeos (Valdeprado del Río) e ata 11 celebracións de Castela e León, entre elas o Antruejo de Carrizo de la Ribera (Carrizo de la Ribera, León), Atenazador (San Vicente de la Cabeza, Zamora), Cucurrumachos (Navalona, Ávila), Las Toras (El Fresno, Ávila), Machurreros (Pedro Bernardo, Ávila), Mázcaras e Madamas (Pombriego, León), a Vaquilla e cabestros (Piedralaves, Ávila) e Zamarraches (Casavieja, Ávila).

 

 

Ademais desfilaban os Diablos e Mascaritas de Luzón (Guadalaxara), os Jarramplas (Piornal, Cáceres), O Carnaval de Zalduondo (Áraba). Tamén podían verse as mascaradas portuguesas dos Caretos de Arcas (Macedo de Cavaleiros) e os Caretos de Lazarim (Lamego).

 

 

O desfile pechábano o fulión e os Boteiros de Viana do Bolo. Nesta xornada o programa da ViBoMask tamén incluía, entre outras actividades, o ViBoMarket, que se instaba con diversos postos de artesanía e produtos locais na contorna da praza de Vilariño de Conso.

 

 

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

Back to top button