Cunha xornada de portas abertas con importante afluencia de visitas á coleción museográfica Casa do Chocolate en Teimende, o Concello de Parada de Sil sumábase este ano por primeira vez á celebración do Día Internacional dos Museos.
As embaixadoras deste espazo, único en Galicia, Rosa e Loli Casares estiveron todo o día nestas instalacións servindo chocolate quente a todas as visitas “para o que mercaron unha chocolateira clásica de cerámica e decoraron unha mesa na que ademais do chocolate había unas galletas elaboradas por un restaurante local nas que se podía ler, escrito con chocolate, Casa do Chocolate. Este doce foi moi apreciado polas visitas”, destacan dende o Concello.
Tamén sorprendeu a exposición dun libro artesanal adicado ó chocolate na que a autora plasma as súas ideas creativas sobre o chocolate de maneira maxistral.
Dende o Concello de Parada de Sil, o seu alcalde Aquilino Domínguez, agradece o esforzo “tanto a Loli e Rosa como a Manuela a informadora turística que consideran ademais que a xornada foi exitosa, pola importante presenza de visitantes tanto do concello como de outros lugares, mesmo da cidade de Ourense”.
Fotos cedidas.