Na xornada do 18 de maio Chandrexa de Queixa convertíase no epicentro do trail running nacional ao acoller o Campionato de España en liña individual e por seleccións autonómicas, así como a segunda proba da Copa de España en liña. Alí, os case 800 corredores que se deron cita nesta edición histórica, afrontaron percorridos esixentes e unha temperatura de entre 12 e 21º coa ameaza de tormentas prevista para a tarde.
A proba raíña deste 2025 eran os 35k con +2.300m que partían ás 8:30 horas cun tope de 7 horas para completalo e un teito de carreira situado a 1.700m, que vencía Jaime Romo cun tempo de 3.27.56 logrando catro minutos de marxe sobre o segundo clasificado, Raúl Criado (Club Montañero Los Arañones). Terceiro era Diego Menéndez (GM Vízcares). Das féminas, a primeira era Leire Fernández (Soronea-Ammma Kirol Kluba), segunda Ana María Granda Valles (Club Find your Everest Team) e terceira Marta Pérez Maroto (Federación Madrileña de Montañismo).

Organizado polo club Running Sport Ourense Trail o Campionato nacional de carreiras por montaña Chandrexa Trail incluída distancias de 23k, 18k, 14k e 9K con percorridos deseñados para ofrecer unha experiencia completa, combinando tramos técnicos, ascensos esixentes e descensos vertixinosos.
Con respecto ás seleccións, a gañadora absoluta era a Selección Galega que lograba un triunfo histórico.
Fotos cedidas.



