CulturaCulturaEn portadaÚltima horaVídeos

A obra da valdeorresa Lola Doporto, na “Exposición Filatélica e Numismática Letras Galegas” en Ourense

Poderá visitarse ata o vindeiro 30 de maio na sede do Liceo de Ourense

 

Ata o vindeiro 30 de maio poderá visitarse na cidade de Ourense unha exposición especial con motivo do Día das Letras Galegas, promovida pola Sociedade Filatélica Miño e que inclúe un cadro da pintora valdeorresa Lola Doporto. A mostra poderá visitarse non histórico Pazo de Oca-Valladares, sede do Liceo de Ourense, e será unha ocasión excepcional para descubrir a riqueza da filatelia vinculada á cultura galega.

Esta mostra inclúe dúas seccións principais: unha dedicada ás coleccións escritas en galego e aquelas cuxo tema céntrase en Galicia, reflectindo ou papel dous selos, cuños e sobres como elementos de memoria e identidade; e outra con propostas diversas elaboradas polos socios e socias da Sociedade Filatélica Miño (entre os que hai moitos mozos e mozas), que achegan ao público un amplo abano de temas e estilos.

O material filatélico que se presentará – selo, cuño, sobre e tarxeta ilustrada – xurde da estreita colaboración da Sociedade Filatélica Miño coa artista Lola Doporto e baséase na súa obra “As pandeireteiras”.

 

 

O acto inaugural da exposición tiña lugar o venres, 16 de maio, ás 19:00 horas, e contaba coa actuación musical do grupo “As da Faísca”, que recollen e prolongan ou legado das Cantareiras, homenaxeadas neste ano no Día das Letras Galegas. Era unha proposta que mestura tradición, memoria e actualidade para dar inicio a unha exposición que convida a mirar Galicia a través da filatelia.

Esta celebración contaba coa asistencia, entre outras autoridades, do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; con José Barros, presidente da Sociedade Filatélica Miño,  José Luis Rey, presidente de FEGASOFI (Federación Galega de Sociedades Filatélicas); Marila Abad, vicesecretaria de FESOFI (Federación Española de Sociedades Filatélicas), así como o alcalde do Barco, Alfredo García.

O presidente da Sociedade Filatélica Miño que agradecía a presenza neste acto, “nesta mostra que vimos organizando todos os anos con motivo das Letras Galegas. Son varias coleccións das Letras Galegas”, e tamén agradecía o apoio institucional.

Deseguido interviña a artista de Millarouso, Lola Doporto, que agradecía o respaldo neste acto. Ademais lemabraba como xurdiu a súa colaboración coa sociedade a través do cadro das pandeireteiras, “quero darlle as grazas novamente por contar comigo”. Ademais comentaba que na súa obra sempre quixo pintar “personaxes da miña terra, alí sempre había algún gaiteiro ou cantareiras. A música popular forma parte da nosa pintura e grazas por contar cos meus personaxes para facer unha homenaxe tan bonita”.

Ademais tomaba a palabra o alcalde do Barco, quen aseguraba que para “Valdeorras é un referente, o orgullo que temos dende o punto de vista cultural, é a nosa pintora”. E destacaba a súa traxectoria “chea de éxitos”.

Tamen falaba o presidente do Liceo, Xabier Casares, que amosaba o “orgullo de albergar por estas datas das Letras Galegas dende hai 65 anos a Sociedade Filatélica e esperamos que isto persista”.

Ademais, o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, referíase á celebración das Letras Galegas e remontábase a 1963, cando a Real Academia Galega “quixo honrar a nosa lingua e creou o Día das Letras Galegas”. Ademais resaltaba a “creatividade de Lola Doporto”.

 

 

 

Finalmente, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, quen aludindo a Lola Doporto, resaltaba a “súa sensibilidade especial e a súa xenerosidade, hoxe está rodeada da súa familia”. E anunciaba que “van vir máis éxitos dela, que oportunamente serán convocados”.

A continuación as autoridades entregaban os diplomas “á nova canteira da sociedade”. A Sociedade Filatélica Miño anima a toda a cidadanía a achegarse ao Liceo de Ourense e a gozar desta proposta cultural aberta a todos vos públicos, nun espazo emblemático que engade valor á experiencia.

 

 

 

A contribución de Lola Doporto ao mundo filatélico

Dende a Federación Española de Sociedades Filatélicas destácase a contribución de Lola Doporto ao mundo filatélico, “é especialmente significativa porque permite que as súas obras traspasen as fronteiras locais e adquiran unha dimensión global. Calquera que reciba unha destas pezas quedará fascinado pola mestría artística e polo seu valor como reflexo dunha cultura viva e vibrante. A iniciativa de incorporar a arte de Lola Doporto aos selos e tarxetas postais subliña a importancia de preservar a memoria e a identidade cultural”, resalta Marila Abad Suárez, vicesecretaria de FESOFI ( Federación Española de Sociedades Filatélicas) nun texto incluído na publicación con motivo desta exposición en Ourense.

Nese mesmo texto indica ademais que “cada selo enviado, cada postal escrita, leva consigo un anaco de Galicia, unha pincelada de historia, e a promesa de que a tradición e a modernidade poden convivir nun espazo tan pequeno como un anaquiño de papel”.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button