Entre as actividades incluídas no programa da XXVI Feira do Viño de Valdeorras, que se está a celebrar nesta fin de semana en Viloira (O Barco), figuraba a “Cata dunha selección de viños da D.O. Valdeorras maridados con produtos de Experiencias de Calidade de Galicia”.
Unha vintena de persoas desfrutaba desta proposta, guiada polo por dous técnicos do CRDO Valdeorras e por un técnico de Agacal, e que se desenvolvía nos Xardíns da Casa Grande de Viloira. Maridábanse un total de 9 viños de Valdeorras, entre brancos, tintos e un rosado.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.