OurenseÚltima hora

Nova mobilización en solidariedade con Palestina no Barco

 

O pobo galego volvía saír ás rúas de ata 35 localidades da comunidade para expresar a súa solidariedade con Palestina a través de diferentes concentracións, convocadas pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina co lema “Galiza Palestina contra o xenocidio e os seus cómplices”. Entre elas estaba a celebrada na praza do Concello do Barco ás 20h. deste 2 de xuño.

“Compañeiros, compañeiras, desde as rúas e prazas da Galiza, seguimos a alzar a voz en solidariedade co noso pobo irmán da Palestino”. Con estas palabras comezaba o manifesto, elaborado pola devandita coordinadora e ao que lle poñía voz Lola.

 

 

Ademais incidíase na terrible situación que vive Palestina. “Nestes meses de terror, milleiros de persoas foron masacradas, cidades enteiras arrasadas, hospitais destruídos, crianzas asasinadas baixo os escombros e unha poboación enteira forzada ao desprazamento, á fame”. Tamén se criticaba “a hipocrisía das institucións”, tanto no eido intercional como mesmo a nivel galego.

Por outra banda, anunciábase que, “no conxunto de accións que se están preparando, a solidariedade internacional está a organizar unha marcha ao posto fronteirizo de Rafah e anunciamos que Galiza estará presente. Da Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina anunciaremos nos próximos días os detalles das accións de apoio á Marcha e a participación dunha coluna galega desta acción internacional”.

Así mesmo, convocábase unha nova concentración na praza do Concello do Barco para o vindeiro 16 de xuño. O acto concluía coa consigna “Galiza con Palestina! Palestina vencerá”.

Fotos: O SIL.

Back to top button