CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Músicos de AMAVA cantan no Barco a favor de ALCER Ourense

 

Ás veces, onde non chegan as institucións ten que chegar o home organizándose en colectivos, sen buscar lucro económico, pero si outro tipo de compensación que non ten prezo. É o caso de ALCER Asociación para a loita contra enfermidades renais. “Esas cousas que sempre lle pasan aos demais pero… se un día che pasa a ti ou a alguén da túa contorna eles axudaranche, porque teñen experiencia, porque xa pasaron por iso”, aseguran dende AMAVA, outra asociación, neste caso vinculada á musica alternativa que dende Valdeorras se vían na necesidade e case obriga de apoiarlles da mellor maneira que saben, tocando.

 

 

“Pedíronnos unha man para dar visibilidade á súa asociación e tratar de darse a coñecer na nosa zona, ademais de recadar uns fondos sempre necesarios para o funcionamento de calquera organización”, explican, e así o facían na noite do 7 de xuño na Sala Baranda, poñendo o seu gran de area musical da man de vairos músicos: Albert Miri, guitarra e voz de El Patio de Leni está vez en solitario; o duo formado por Nerea á voz e Aitana á guitarra “que impresionaron pola súa clase e saber facer”; a mocidade da man de Scala con Enzo ao Baixo, Uxia á guitarra e Iria á Batería que “con 16 e 17 anos fixeron vibrar ao público, como farán o vindeiro 5 de xullo no Silfest, con temas en Inglés executados con absoluta profesionalidade”, aseguran dende AMAVA.

 

 

A velada remataba con Seika, que estreaban novo membro Leandro, “voz potente e presenza que non pasa desapercibida no escenario, que demostraron gran profesionalidade e decoro ao subir ao escenario Nerea a súa baixista, con muletas por un incidente nunha perna, algo que para outro ftería sido suficiente motivo para non acudir”. O broche poñía  Dj Dani Argü sempre disposto a colaborar en cantos eventos lle propoñen.

 

 

Foi en definitiva “unha noite para o recordo como nos dicía o presidente de ALCER Ourense, Miguel Quintas, que regresaba á súa cidade de orixe co corazón cheo de emocións, coa esperanza de que non necesitásemos ninguén acudir á súa asociación pero se a necesitabamos tiñámola á nosa disposición, gran persoa sen dúbida”, conclúen dende AMAVA satisteitos e orgullosos polo traballo ben feito.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button