EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Churros con xogo e premio na General, no Barco

 

Cunha orixinal proposta se atopaban na mañá deste sábado 14 de xuño os clientes da Churrería A General, no Barco de Valdeorras.

Diante do posto hai pintada con tiza unha mariola, xogo tradicional infantil ao que convidan a participar. Consiste nun percorrido debuxado no chan con casas numeradas, polo cal se avanza saltando á pata coxa e ás veces con ambos os pés, seguindo unha orde específica e evitando pisar as liñas. O obxectivo é completar o percorrido sen cometer erros e ser o primeiro en alcanzar a meta. Quen o faga, ten premio.

Predicando co exemplo, Renata, unha das churreiras era das primeiras en xogar, asegurando que a xente está a colaborar.

Ver vídeo

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button