ConcellosSoberÚltima hora

Teresa Sáez, veciña do Taro (Sober), celebra os seus 100 anos

 

O Concello de Sober está de celebración. A veciña do Taro, na parroquia de Figueiroá, Teresa Sáez Pérez, vén de cumprir 100 anos rodeada polos seus seres queridos.

Teresa ten un fillo, José Luis Segador Sáez, co que agora vive en Barcelona, e unha neta. Pasou o día do seu aniversario acompañada polos seus familiares e amigos, soprando as candeas e desfrutando dos doces.

Esta nova centenaria soberina foi costureira na Carqueixa e con ela aprenderon o oficio moitas rapazas da comarca.

O Concello de Sober conta a día de hoxe con 10 centenarios e centenarias, 6 mulleres e 4 homes.

Foto cedida.

Back to top button