Cunha chea de podios vén de finalizar o Club Natación Valdeorras a súa tempada de piscina 2024/25. Os nadadores valdeorreses realizaban unha excelente actuación na pasada fin de semana no Campionato Galego Máster de Natación Verán, que se desenvolvía na Piscina de As Pozas en Mos (Pontevedra). Foron dúas intensas xornadas de competición, tras as cales os 12 nadadores do club voltaban a Valdeorras cuns 18 podios.
“O certo é que estamos moi contentos coa actuación dos nosos nadadores este ano, fixérono francamente ben, e seguen progresando cada vez un pouco máis. Todos eles sen excepción melloraron os seus tempos de referencia”, sinala o seu adestrador, Jorge Espinosa.

Ademais, engade, na clasificación por clubs “estamos tamén francamente contentos, quedando finalmente no posto numero 15, mellorando o 18 do ano pasado (12º Masculino e 19ºfeminino). A pesar de ter algunha baixa, e pouca representación feminina, con soamente 4 mozas”.
A nivel individual os principais resultados do C. Natación Valdeorras son os seguintes:
Amparo Rodríguez López (+35):
3ª 400 libres
1ª 200 estilos.
2ª 400 estilos
1ª 200 bolboreta
Miguel Ángel Fernández Rodríguez (+55):
3º 400 libres.
Fco. José Rodríguez Basanta (+60):
3º 400 libres.
1º 200 estilos.
1º 400 estilos.
2º 200 costas

Miguel Bismark Diaz Quezada (+25):
3º 100 estilos.
3º 100 bolboreta.
3º 50 bolboreta.
Jorge Espinosa Mira (+45):
2º 50 braza.
Andrés Fernandez Melendez (+30):
3º 100 libres
3º 50 costas
Yolanda Vázquez González (+45)
3ª 50 costas
Carlos González Sandez (+45): 2º 200 costas
E a substitución por equipos (+120) masculino:
4X50 estilos 3º composto por (Jorge Espinosa, Carlos González, Miguel Bismark e Andrés Fernández).
Fotos cedidas.
